lunes, 25 de mayo de 2009

PEQUENA MEMORIA DO BARCO

Esta embarcación da clase olímpica "Dragón" foi construído en Noruega por Björn Aaz, en 1952 por encargo do Conde de Caria e rexistrado co nome de "ALCAIDE". Sendo mais tarde cambiado o nome a " ARREDA". Aseguráronme que este barco participara nas olimpiadas deHelsinki 1952, pero son datos que aínda teño por confirmar. Pasou por dous cambios de propietarios, mercándoo en terceiro lugar no ano 1980, Dº Antonio Cardoso Ramos. O barco continuou navegando coma dragón, rexistrado na capitanía do porto de Lisboa có nº 2.189, pero co nome de Imediato.
No ano xxxx o barco precisa unha reparación, e o seu propietario decide alterar as liñas do casco transformando o Dragón nun pequeno cruceiro. Subiulle o franco bordo; cortoulle a popa mais de 60 cm. cunha caída inversa a súa, a fogonadura pasárona a cuberta, a bañeira propia dun cruceiro, introduciron paneis interiores.... Ficou cunha habitalidade fantástica, convertido nun "precioso veleiriño".
Atopamos o Imediato o xx de xullo de 2008 en Aveiro. Levaba meses subido en terra, a choiva penetrara no seu interior e un tremendo vao con cheiro a humidade nos abofetea o penetrar nel. Sen sabelo aínda, acabava de comezar a aventura da súa recuperación. Aventura que duraría mais dun ano de intensos traballos, o fin dos cales, rematará voltando o seu deseño orixinal. Navegou sempre baixo pavillón Luso, en breve comezarei a xestionarlle a súa nova bandeira.






O Imediato, a primeira vez que o vin,
a primeira fotografía.














Once meses despois, aínda faltaba montar a arboladura, velas, ferraxes e un montón de pequenos detalles.

No hay comentarios: