PROCESO DE RETAURACIÓN
1 MERCA E TRANSPORTE
A finais de xuño de 2007 merquei o barco, e tras pasar unha noite espantosa na que as dúbidas e as tebras da incertidume me afogaban o sono, amenceu un novo día.
Subimos o barco e a súa cuna nun gran gindastre de vehículose dende Aveiro emprendimos camiño a casa. Deixamos o barco nuha finca que pertence a Jose Alfonso Gonzalez, alias "Sito" que nola prestou para recuperar alí o barco e para ivernar o Ría de Vigo. Temos esperanza en Remadoira de conseguir unha nave para invernar xuntos ós barcos e recuperar nela novas fasquias, pero de momento.... ¡Sálvese quen poida! Cada un apañando por onde pode...
2 CUBRIR O BARCO:
A maior prioridade era era cubrir a embarcación, para poder traballar sen risgos para preservar o traballo feito. Pero mentras decidíamos como montar a estructura, comezamos a desmontar as ferraxes e a sacar a pintura.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg7t7rbjKEXOqZD9rcgl4_sjWrpyCvT0ImkjP4ri6ATDVTSLy9niMLs7aZn1SzS3jHFGJlGAPBT3O7bRod2yyGcUc0rOjYGXxMstNGCgzvU93cZx_3ok232CzZZkAJw3xjMpCdaKq50/s320/IMG_0999%5B1%5D.JPG)
Ana e Sito desmontando ferraxes.![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiCB6NgLTw-yWARqL1uTXOYgcdpg8fJRWx0N4KZ_Kbgtvi4UKs9H3BvAtawjuKO4HjkLgwLy-tu3g6WF3-yx0RdwWgWqRViyqJzbr-dOY7-Dhpsi49erdQ0N78MfOq69aJLSA77T5dr/s320/IMG_1034%5B1%5D.JPG)
Decantámonos por faer unha estructura en ferro galvanizado cunha cuberta de lona a dúas augas. Buscamos ferreiros que nos fixeran o traballo, paro cos que falamos tiñan demasiado traballo. Como Sito e eu tíñamos gañasde aprender a soldar, puñémonos mans a obra.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjt4u26nNp0y1Vle9qoeTkgJ7cAhhFVzTILBGccdqdreJSZpiSrNWCzH6BNZYQ8MUEMRrrouVUl2tDcGzdUS7GYBJDWt7moX_gqNs9UrVMMn_AK5swotreHsrWidX1O1fF6QSIUTUAl/s320/IMG_1030%5B1%5D.JPG)
Merquei o ferro, electrodos, prestáronos unha máquina de soldar e puñemonos mans a obra en pleno mes de agosto. Cortar e soldar. A estructura era grande, planificamos ben a montaxe e.. ¡Arriba! Tardamos cinco días, como iniciación non estivo mal. Pintamos para previr a oxidación. O toldo sainos moi apañado de prezo, mercado de segunda man.
Cuns fortes ventos, demos por rematado o¨"pendello provisional do barco.
3 RETIRADA DE PINTURA
A capa de pintura branca do exterior do barco, formaba unha capa grosa e dura que se retiraba moi ben con soplete e espátula. Debaixo, tiña unha capa imprimación de minio gris. Esta deu mais traballo, foi preciso lixala e resultava tedioso, porque empachaba deseguido as lixas e habia que cambialas con moita frecuencia. Economizamos un pouco empregando unha lixadora de banda para as partes mais planas do casco. Como as bandas de lixa eran tela podíamos sacarlles a pintura gólpeandoas contra a esquina dun muro ou columna, que e deste xeiro reutlizalas.
A patente retiramola tamén con espátula e soplete.
Nun principio deixámoslle un acabado moi rudo, lixando con unha lixa cun gran de 40; eliminando só o necesario para elavorar un diagnóstico do casco e valorar que vances compría cambiar.
Na pintura branca do interior non funcionaba o soplete. Parecia unha pintura a base de cal. Apenas reacionaba á calor, entroques a madeira sufría moito. Con decapante resultaba un proceso moi lento. Retirámola toda a base de lixar, salvo nas cuadernas , as que a lixa comía os remaches de cobre. Nas cuadernas reliramola con paciencia e un rascador.
MASTRO: Aínda non decidiramos se empregaríamos o mastro e a botavara de aluminio , se remataria mercando un orixinal de madeira, ou se o faríamos nos mesmos de madeira. Retiramoslle os cabos e gardamos a arboladura completa a intemperie envolta nun plastico de embalar, e así agardaría ata a primaveira a que decidiramos que faer con el.
4 DESMONTAXE DE BAÑEIRA E CUBERTA:
O comezar a desmontar a bañeira , descubrin que estava fortemente montada e colada. Non vastaba con cortes de serra, formóns e palanca. Precisaba un pouco de rudeceza, que eu non me atrevia a aplicar por inseguridade e medo de afectara a estructura orixinal do barco. Sito botoume unha man. A medida que íamos desmontando a bañeira, fomos vaos provisionais transversalmente, para evitar que se abra o barco. Pódense colocar tamén algún en diagonal, para impedir que as bandas se desplacen a proa-poa en movementos opostos, có cal desvirtuase a fasquía do barco.
5 DESMONTAXE DA POPA:
O día dous de xaneiro visitoume Ramón coa intención
de planear como organizaríamos os traballos precisábamos un diagnostico mais claro de cómo estaba a popa; Ramón con trencha e serrra en man desmontou a popa e quedixounos a vista a unha zona escandalosamente podre.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh3kWQrQ_jyR6hL8itpXaILagn-O-c94NJeqckcCamBRlSrc5lzcjxDdJRMmx_hN9lydQPzAuDA3ccWHNghBR5i64wcg5jg0cENNuDP7LDDfXXoctOMXiK_sdQYt12xgqQuqMI59EjY/s320/IMG_1254.JPG)
Tiña un espello en plafón moi forte e groso, pero suseito dun modo mmooooi precario. Parece incrible que o pesadíssimo motor de 8 cabalos que tiña o barco estivese sostido nesa
popa en algún momento.
x DE XANEIRO 2008
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEikkAgxjYBMXk9UiBd0vya0UDEv4JlzcJwgu-2wkwmwdvhDlZxdZo6q-ygXpH7mn6eVBI3A47nLB7E6BVOtiB1Wz-m-TIn-9ngvES15HfbZjlB1WXP78mVc2lbgE4qzrxm-5AwZRZtn/s320/IMG_1266.JPG)
O sabado xx de xaneiro chegou o equipo de Remadoira e entre Miguel e Fermando desmontaron o resto da cuberta.
Axudei a Ramón a montar uha peza que despois nos serviria para colaborar na suxección da popa. Calculamos sobre plano a inclinación final da peza, que coincidará coa do espello de popa. Fixemonos en que cando reformaron o barco a peza que sube dende o codaste foi cortada con unha inclinación oposta a orixinal, polo que tivemos que voltar a cortala para voltala a sua inclinación orixinal.
Esa inclinación coincide exactamente coa da peza que fixemos, que son os grados de inclinación que calculamos sobre o plano para a popa.
Ramón e eu colocamos sacamos unha plantilla do espello da popa feita en cartón, pasamos os datos ob tidos da plantilla a madeira, corteina, axustouna e lista para clavar.
Tamén podemos observar que como temos os bances cortados pola modificación sufrida polo barco, para doder axustar e suxeitar os bances fixemos coma una “prótesis” de bances suxeitos con tablillas.
Este sábado pola mañan Amable continou retirando tapíns, tarefa que xa comezara eu pola semana, pero que a él se lle deu fenomenalmente. Pola tarde axudoulle Loli e retiraron prácticamente tódolos que había que quitar. 6 DESCRIPCIÓN DA CRAVAZÓN. TAPíNS DE MADEIRA.
A obra viva, construida en caoba, estaba cravada con cravos de cobre remachados; mentras que a obra morta estaba suxeita con parafusos de bronce.
Na restauración do dragón remachamos con cravos de cobre e no
canto de parafusos empregamos punta de bronze cun estriado que favorece a súa introducció n, posterior amarre e dificulta que se afrouxe.
Asteleiros Garrido aprovisiounos deste material, moi destacable o trato profesional, amable e afable que con nós tiveron.
Neste tipo de barcos, con una coidada estética; antes de introducir un cravo ou parafuso faise una fresada na madeira, introducese o cravo e o rematar colocase un tapín de madeira suxeito con cola. Hai que retirar os tapíns con sumo coidado, tentendo non deteriorar os bances que van permanecer no barco.
A retirada de parafusos éun traballo tedioso, porque o bonce o ser un metal brando, deterioranse as cabezas( de punta pla na) fácilmente. E retirar un parafuso sen cabeza… un espanto.
DURANTE A SEMANA… DUAS PEZAS E CUADERNAS![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiW5vgSS78Vx6e7KQl38LzST2ceiBtYj2yrzaG5P6Njy1ehhN-tkFMFZ5ciW70mU-vpbIbTK7D66OHvC1drj_0BlxDzCcrywfoYUaDu7iShGI0dhaAkGO952fP9sv9R93ZxphnYYLCB/s320/IMG_1320.JPG)
Durante a semana preparamos en Vigo duas pezas que colamos a estampa de popa, coa intención de ter madeira onde afirmar con moita firmeza os bances en popa para que nos quede una popa reforzada.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEifTZXmt6DoDqHjtwmusloodZyFdoambsmroZAPBnNZZEp_JNH9zBOToc9j5MIfjYsSeretDCf3HAeuIWBZBshqYFKKOI8viyoNy579yiiE7F18wV_hc9iHxYpYyuIuAhkDgSfJXQ_A/s320/IMG_1317.JPG)
Por outra banda, na finca elaborei duas cadernas dobres unindo láminas de madeira con rexina epoxi, usando o barco como molde. Foi en parte un fracaso, posto que non saiu para nada o que eu quería, pero puiden aproveitar as pezas.
Posteriormente relatarei esta esperiencia e colo me resultou mellor faelas empregando plantillas axeitadas a cada caderna.
7 COLOCACIÓN DA POPA:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiC9Wa7EIM-6gb48Rv3xfScdekPOiruBouGztDoq5BuI9QSJ7p750eTVwPG1EjUZ1HbZxYC2rknHgQiX-DYuQUwgqQbVoe_Iy0JVw2lx8oqbc7FqjMjP8JFGHC4Jt_uXruUIs_bkTnX/s200/IMG_1318.JPG)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgDeoFJb8IaA5p0I-UvpIr8EjfFCLnCe3LX-N5fzfTSOIN00VEjA_IV9dc_GgDdYO6DiDWz5y-YkbjiKoz0OTVS2IC3XMptEYQulKzkCu4HsK-Z_wI0N43fKbfT1CbPqKgoDWpS2VqL/s200/IMG_1324.JPG)